"Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.

As modalidades do programa fan ao alumnado protagonista da súa aprendizaxe en colaboración cos compañeiros e compañeiras. Os proxectos que realizarán os centros deben implicar aos axentes da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias, institucións…) e crear entre todos unha rede de traballo cooperativo que mellore o xeito de ensinar e aprender.