Fai clic ao teu bocata

As conservas son unha forma sa e cómoda de gozar dos produtos do mar; podemos saborealos sempre que nos apeteza, en calquera lugar. As opcións son moitas grazas á variedade de presentacións, preparacións e tipos de conservas de produtos do mar que podemos atopar no mercado.
E para iso contamos con dous protagonistas moi especiais, PAN e LATA, que conxuntamente co resto da familia de "Fai clic ao teu bocata", ensinarán e guiarán nos obradoiros aos máis pequenos e aos non tan pequenos as propiedades e beneficios das nosas conservas e a súa inclusión na dieta habitual."
Os seus destinatarios son os escolares de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.