Programa Aliméntate ben

Lácteos na escola

Imaxe representativa de lacteos

Esta axuda ten por obxecto a concesión a prezo reducido de leite e determinados produtos lácteos ao alumnado de centros escolares.

Destinatarios

A axuda está destinada ás nenas e aos nenos que asistan regularmente aos centros ou establecementos escolares, recoñecidos polas autoridades competentes, dos niveis de ensino de educación infantil, primaria e secundaria.